Publicidad:
La Coctelera

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

subcomandante marcos Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...

Categoría: cartelismo

8 Mayo 2006

A técnica da litografía

O nacemento do cartel moderno vai ligado a unha nova técnica de impresión denominada litografía creada por Senefelder no século XVIII. A pesar diso en Galiza foron máis utilizados outros métodos como a imprenta e o gravado en madeira, en principio dedicados a ilustrar ou á reprodución de estampas relixiosas. É nos primeiros anos do século XX cando ademais deses usos se lle dá o publicitario, é dicir, o cartel.
A técnica litográfica, como o mesmo nome di, consiste na plasmación de imaxes en papel a partir da pedra. Utilízanse unhas planchas de caliza sobre as que se debuxa directamente, tanto o propio artista como o operario da empresa litográfica a partir dun papel de calco co que fai unha reprodución exacta do orixinal. Esta nova técnica permite a impresión en distintas cores pero para iso necesítanse tantas planchas coma cores leve o cartel, así píntase cada prancha con unha das cores onde o debuxo o requira e logo mediante unha prensa, estes plásmanse no papel.
Os principais inconvenientes desta técnica están en que se perde o carácter artesanal que até o momento tiña a creación de carteis e todo tipo de ilustracións, ademáis, en certo modo, pérdese a completa autoría das imaxes xa que se produce a intervención dunha persoa allea á orixinalidade do debuxo pero imprescindíbel no proceso de creación dentro da técnica litográfica, e é que foron poucos os artistas que gravaron directamente nas planchas de pedra, (Cheret foi o único en Europa que debuxou directamente os seus carteis sobre a pedra litográfica), ademais esta técnica supón a adaptación ás posibilidades que ofrece xa que esixe a elección de unicamente 10 cores como máximo e a simplificación das formas e dos textos ante a dificultade de debuxar en pedra. Isto marcou a tendencia a seguir no cartelismo tanto en Galiza como no resto de Europa.

servido por chi sin comentarios compártelo

6 Mayo 2006

Hamlet, príncipe de Dinamarca viaxando pola Galiza

Sen afastarme de todo do tema que ocupa o meu blog (o cartelismo) vou adicar un post a Hamlet. Estou a falar da obra de teatro dirixida por Lino Braxe, que nestes días está percorrendo o pais. O pasado domingo 30 de abril pasaron por Lugo polo que era visita obrigada para min. Hai opinións de todo tipo, eu diría que resulta un tanto rara a ambientación xa que todo se desenvolve no contexto da II Guerra Mundial; tamén hai quen di que se fai un pouco pesada (no meu caso fíxoseme un pouco pola incomodidade das butacas, o auditorio deixa bastante que desexar), pero deixando todo isto a un lado teño que resaltar a brillantísima actuación do protagonista, Luís Tosar, que sen dúbida algunha destacou entre o resto do reparto. A persar de compartir escea con outras caras coñecidas como Manuel Manquiña ou Víctor Mosqueira, e con moitos outros actores habituais da TVG non hai punto de comparación, ningún transmitiu tanto coma o protagonista. Recoméndolle a todo o mundo que non perda a oportunidade de ver este actor en directo porque é realmente impresionante.
Como dixen, vou relacionar isto co tema do meu blog, teño que salientar que grazas á miña "compy" mita, que me advertiu da existencia dun cartel de Hamlet feito por Alphonse Mucha en 1899. Corresponde, polo tanto, á etapa do Art Nouveau.
Thank you Mitaa!

servido por chi 4 comentarios compártelo

3 Mayo 2006

Art Deco

O estilo do Art Nouveau foi o que primou durante os primeiros anos do cartelismo pero a morte de Lautrec (1901) contribuíu á súa desaparición, morren entón co artista eses rasgos que convertían o cartel nun formigueiro de detalles. Serve de exemplo este cartel de Alphonse Mucha (1860-1939).
Nace un novo século e con el nace tamén un novo movemento que, como no resto das artes, déixase ver tamén no cartelismo, estou a falar do Art Deco. Este termo provén da exposición de "Artes Decorativas" de París (1925) que tivo como cometido reunir os produtos franceses cos do resto de Europa en materia de decoración e deseño. Rompendo totalmente co estilo anterior nacen os primeiros carteis influenciados polas vangardas: cubismo, futurismo, dadaísmo... A sociedade manda e esta está totalmente inmersa nun proceso de industrialización polo que a "máquina" deixa pegada.

Como exemplo en España temos o Museo de Art Nouveau y Art Deco en Salamanca.

servido por chi sin comentarios compártelo

24 Abril 2006

Próximas publicacións

Hai varios aspectos das outras seccións que abordan o cartelismo que debería explicar, iso será o que faga en posts sucesivos. Trátase da litografía, e Art-Decó

servido por chi 3 comentarios compártelo

24 Abril 2006

Seccións

Para abordar o tema do cartelismo farei tres seccións distintas que quizais non inclúan todo aquilo relacionado co tema pero que son aspectos que realmente me interesan.

Polo tanto si haberá un apartado sobre o cartelismo en xeral, outro sobre Toulouse Lautrec, e finalmente un que considero de grande importancia e do que non se fala moito: o cartelismo en Galiza.

servido por chi 1 comentario compártelo

17 Abril 2006

Cartelismo


Sempre considerei o deseño de carteis como unha especialidade moi atractiva do grafismo, que vincula poderosamente arte e deseño cunha finalidade publicitaria, o que fai que o deseñador xogue coa cor, a iconografía, a tipografía e demais elementos compositivos dunha maneira psicolóxica. Alberto Varela Ferreiro.
Creo que finalmente este vai ser o tema que ocupará o meu tempo e o meu blog. Non o teño moi explorado (por non dicir nada) e por esa mesma razón tomei esa decisión. A ver que tal me vai.

servido por chi 3 comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de chi

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

ver perfil »
contacto »
olá!! Son alicia, aínda que a maioría da xente me coñece como chi. Son de Castro Ribeiras do Lea (Lugo, GALIZA), vila bastante peculiar, por certo. Non me gusta falar de min explicitamente, non son desas persoas q se definen como as mellores, as máis divertidas e extrovertidas..., en fin, que ao final xa falei de min así que direi que me declaro totalmente en contra das máquinas (que paradoxo, estou estudando publicidade)xa o iredes vendo, xa que se me ve algo torpe nestes "cibersitios"(non sei como chamalo). Se alguén ten algunha curiosidade que eu poida respostar, que mo faga chegar... SEMPRE GARFIELD

Fotos

chi todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera