Publicidad:
La Coctelera

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

subcomandante marcos Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...

Categoría: Cartelismo en Galiza

8 Mayo 2006

O cartelismo comercial en Galiza

Até ben entrado o século XX en Galiza non houbo un gran desenvolvemento da publicidade nos medios impresos pero isto non ocorreu só aquí senón que foi un fenómeno xeralizado tamén en España. Os lugares máis avanzados nas técnicas publicitarias foron Catalunya e Madrid polo que os empresarios galegos que quixesen algún tipo de publicidade debían recorrer a estes lugares.
Durante os primeiros anos non existía unha persoa especializada en realizar os anuncios pero pouco a pouco comezaron a esixir unhas certas técnicas de combinación de texto e imaxe e incluso de persuasión para que os comerciantes cumpran os seus obxectivos en canto a vendas.
En Galiza son escasos os anuncios desta época dos que se coñeza a autoría pero si podemos falar de Federico Ribas como o único artista galego dedicado profesionalmente ao ámbito da publicidade. Adxunto fotografía da mítica Auga Mondariz, exemplo dun deses carteis dos que se descoñece o creador.
Resulta obrigatorio facer unha parada nos corredores da redacción do antigo edificio do xornal "Faro de Vigo" xa que aquí exhibíronse unhas 20 reproducións de anuncios en azulexo realizados desde 1910 até a Guerra Civil. As temáticas eran moi diversas, unha delas é, como se ve na imaxe é a fábrica de fundición "La Industrial". O feito de que todos estes carteis fosen pasados a cerámica permitiu que chegasen aos nosos días xa que a principal característica dos carteis é o seu carácter efímero.(é posíbel que na imaxe non se aprecie con claridade que se trata dunha reprodución en azlexo).
Ademais do xa citado Federico Ribas, que realizou numerosísimos carteis entre os que destacan Heno de Pravia, Perfumería Gal, Petróleo Gal, etc; hai outros cartelistas galegos que aínda que non se dedicaran en exclusiva á publicidade teñen importantes obras, é o caso de Máximo Ramos e Camilo Díaz, deste último engado un cartel do "Expreso Vigo-Coruña" da empresa de autobuses Castromil xa que nos resulta familiar a moitos estudantes galegos.

servido por chi 4 comentarios compártelo

24 Abril 2006

Introdución

O cartelismo nace en Galiza, ao igual que no resto do mundo pola necesidade de dar saída e informar sobre os novos produtos. Prodúcese entón no século XIX unha síntese entre arte, deseño e publicidade. Chegan ao noso país novos procedementos para a creación de carteis como é a litografia, da que falarei máis adiante.
Pódese dicir que Galiza non foi o lugar idóneo para o desenvolvemento da arte do cartelismo xa que era predominantemente rural e este un movemento urbano. A pesar de todo comezou a súa andadura con anuncios de festas, exposicións, publicacións e xa máis tarde propaganda política.

Esceario idóneo ou non, Galiza conta con moitísimos cartelistas, que aínda que non se dedicasen en exclusiva a isto, son dignos de mencionar; destaco a Castelao, Maruja Mallo e Luís Seoane.
Ao igual que o resto de artes gráficas, o cartelismo galego viuse influenciado por dúas correntes: o Modernismo e o Art-Decó.

servido por chi sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de chi

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

ver perfil »
contacto »
olá!! Son alicia, aínda que a maioría da xente me coñece como chi. Son de Castro Ribeiras do Lea (Lugo, GALIZA), vila bastante peculiar, por certo. Non me gusta falar de min explicitamente, non son desas persoas q se definen como as mellores, as máis divertidas e extrovertidas..., en fin, que ao final xa falei de min así que direi que me declaro totalmente en contra das máquinas (que paradoxo, estou estudando publicidade)xa o iredes vendo, xa que se me ve algo torpe nestes "cibersitios"(non sei como chamalo). Se alguén ten algunha curiosidade que eu poida respostar, que mo faga chegar... SEMPRE GARFIELD

Fotos

chi todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera