Publicidad:
La Coctelera

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

subcomandante marcos Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...

Categoría: Deseño da información (materia recompilada de estudo)

28 Mayo 2006

Estatística dos comentarios neste blog

Este gráfico mostra a maneira en que se reparten os comentarios neste blog. A primeira vista apreciamos como a categoría correspondente a Paranoias mentais é a que leva a maioría das visitas comentadas xa que recolle un 38,1% do total. A razón pola que se dá este fenómeno pode ser que a maioría de visitantes son persoas coñecidas polo que mostran máis interese polos propios pensamentos e inquedanzas. A antítese está na cantidade de comentarios que recibiu a sección de Cartelismo en Galiza, unicamente un 3,6%, isto mostra o pouco que interesan os temas relacionados co noso país, aínda que non é bo xeralizar, aquí temos unha proba que o demostra.

servido por chi 1 comentario compártelo

20 Marzo 2006

Práctica 2

Consiste en comparar a información que aporta un xornal e a súa edición dixital coa que podemos visitar nos weblogs-diarios, extraendo conclusións que nos leven a saber cal sería o mellor método de información (se é que existe).
Eu escollín o xornal El País do dia 20 de marzo de 2006, tanto a edición impresa como a dixital, e os weblogs-diarios lastinfoo, weblogsslohmynews. Puiden observar como a estas alturas da tarde (18:33), o xornal impreso xa está retrasado e algunhas das noticias resultan obsoletas porque obviamente o mundo segue o seu rumbo. Algúns exemplos son que no xornal hai noticias como: "Los sindicatos retan a Villepin con una huelga si no anula hoy el contrato juvenil" sendo que na edición dixital xa hai unha actualización que di así: "Villepin se niega a retirar su reforma laboral pese a la amenaza de huelga general". Coma este atopamos varios casos máis que non citarei por non facer o post demasiado extenso. Isto mostra que en internet podemos atopar información máis actualizada, polo que é un punto ao seu favor, pero con isto non quero dicir que esa información sexa fiábel; a de "El País" non o dubido, por suposto, pero que pasa con "last infoo"? Estou de acordo con que é un excelente medio de comunicación xa que nos leva a outros blogs que tratan temas de todo tipo que nos poden servir de moita axuda, polo tanto trátase de información especializada e actualizada; pero non estou totalmente segura de que na actualidade poidan ser considerados totalmente fiábeis.
Paréceme moi interesante descubrir que se venden cámaras dixitais a moi baixo prezo en Xapón, pero quen me acredita que é verdade?, e coma isto moitas outras cousas que pode que importe máis a súa veracidade.
O caso de weblogssl paréceme algo distinto xa que segundo dixo o profesor Daniel Martí "encárganse de filtrar a información", con isto supoño que se refire a que só se publican artigos verídicos.
Así como oh my news, que parece ter información fiábel pero creo que para min e moita outra xente trátase dun espazo pouco útil xa que non temos un total dominio do inglés ou koreano.
Con todo isto quero dicir que os tres tipos de información teñen as súas vantaxes e inconvenientes e que se poderían complementar entre si para obter mellores resultados pero aínda así eu quédome cos xornalistas, porque eu si que creo que cinco anos de estudo serven de algo.

servido por chi 2 comentarios compártelo

20 Marzo 2006

" óe que eu non teño títulos, son blogueiro"

O que eu saquei en limpo da práctica do día 14 de marzo foi o seguinte:
-O mundo dixital é algo novo e para coñecelo non nos podemos servir da teoría senón que temos que valernos de exemplos (supoño que isto é o que motiva a prácica 2).
-Hai, dentro dos medios impresos, dous gupos: os que pagamos (xornais como El País, El Mundo, Faro de Vigo, etc.)e os que podemos adquirir gratuitamente (adn, Que, Metro, etc.).
-Dentro do mundo de internet tamén temos dous grupos: as edicións dixitais dos xornais impresos (elpais, elmundo, etc.), e os weblogs-diarios (lastinfoo, weblogssl, etc.).
A pregunta é, cales destes medios nos ofrecen unha mellor información? os elaborados por xornalistas ou os elaborados por blogueiros?

servido por chi 1 comentario compártelo

6 Marzo 2006

POR FIN AS TEORÍASS

Só unha pequena aclaración sen importancia: NON SEI INGLÉS!!!!!.(Sinto ter que dicilo eu tamén).Algúen que non saiba de que vai o tema dirá, e iso que importa? pois importa moito porque iso significa que a maioría da información da que dispoño para facer este traballo non me serve.

Despois de días e días e días.... intentando "descifrar" a información teño que recoñecer que non o conseguín, sei que é triste pero cheguei a pensar que non estou feita para isto. Esta é a miña humilde (pero que moi humilde) aportación.

TEORÍAS DA COMUNICACIÓN COMO XA TODOS COÑECEMOS A ESTAS ALTURAS.

CULTURAIS
No campo das teorías culturais atopamos aquelas que fan referencia á nosa cultura, (é redundante pero é así)á nosa maneira de actuar, de ver a vida, en definitiva, a todos aqueles valores que inflúen na nosa conduta.
Como principais representantes destas teorías están: Bill Chadwick, Bob Craig, Em Griffin, Derek Lane, Robert M. Seiler, Martin Ryder, Carla Tonella e Ron Wright.
- Chadwick: recolle as teorías de Goffman (como a xente interactúa na súa vida diaria, isto será segundo a concepción que teñen os demais del/a) e Brown e Levinson (explica a partir dos conceptos de expresión positiva e negativa, a primeira reflicte o desexo de gustar e ser apreciado polos demaiais, e na segunda o desexo de non ser un estorbo ou atranco).
- Craig: dividimos os seus estudos en tres partes: teoría crítica, estudos culturais e estudos feministas
- Griffin: teorías interculturais e de xénero
- Lane:(contexto intercultural, aquí inclúe a Habermas e Deetz entre outros). Neste apartado debemos prestar especial atención á chamada cibercultura. Con ese termo referímonos a todas aquelas tecnoloxías que foron facendo posíbel o desenvolvemento cltural.O que máis destacaría hoxe é internet. Un claro exemplo desta cibercultura é o blogging xa que entre todos estamos a crear un grande espazo común.

RELACIONAIS OU INTERCULTURAIS
Neste eido estúdase o diálogo, a conversa, a interacción, é dicir, o nivel de consenso e entendemento entre as persoas. Destacan como representantes:
-Chadwick, onde distinguimos dous grupos:
Teorías do sentido. Destaca a semiótica e o interaccionismo simbólico (a sociedade persiste grazas á comunicación. Blumer no seu libro Symbolic interaccionism introduce os termos de "meaning", "language" e "thought" para falar sobre o interaccionismo simbólico).
Comunicación interpersoal, onde encadramos, por exemplo, o construtivismo.
- Craig: inclúe por exemplo a fenomenolóxica (experiencia do outro mediante o diálogo) e a retórica (a arte práctica do discurso).
Destacan tamén as aportacións de Lane, Simel e das universidades de Twente e Chicago.

GRUPAIS E ORGANIZACIONAIS
Aquí enténdese a comunicación, tal e como di o título, dentro dos grupos sociais.
Destacan os estudos de Chadwick, que introduce a Groupthink (adopción da ideoloxía grupal fronte as individuais de cada un)e a Karl Weick (organizacional)
A clasificación máis específica e teorías sobre a comunicación en grupos está Derek Lane.
Outros autores que podemos incluír son Griffin, Craig e Wright.

COMUNICACIÓN DE MASAS E DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Aquí agrupamos aquelas teorías que falan sobre a emisión de mensaxes á sociedade a partir de medios masivos de comunicación creando un pensamento específico previamente deliverado.
- Chadwick tratará nun dos seus estudos o fenómeno televisivo.
- Destacan tamén Craig, Griffin (que adica unha sección do seu libro web á comunicación de masas). Unha clasificación máis ampla é recollida por Derek Lane.
- Wright separa dúas perspectivas nas teorías da comunicación: teoría dos medios e da cultura e os efectos dos medios.
Para finalizar, a universidade de Twente iclúe diversas perspectivas sobre este tema.

Como conclusión, sei perfectamente que non é suficiente, pero as miñas posibilidades non me permiten facelo mellor. Todo isto está en infodis.

servido por chi sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de chi

somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis

ver perfil »
contacto »
olá!! Son alicia, aínda que a maioría da xente me coñece como chi. Son de Castro Ribeiras do Lea (Lugo, GALIZA), vila bastante peculiar, por certo. Non me gusta falar de min explicitamente, non son desas persoas q se definen como as mellores, as máis divertidas e extrovertidas..., en fin, que ao final xa falei de min así que direi que me declaro totalmente en contra das máquinas (que paradoxo, estou estudando publicidade)xa o iredes vendo, xa que se me ve algo torpe nestes "cibersitios"(non sei como chamalo). Se alguén ten algunha curiosidade que eu poida respostar, que mo faga chegar... SEMPRE GARFIELD

Fotos

chi todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera