Falar de Toulouse Lautrec é falar do Moulin Rouge, non só porque fose un lugar ao que acudise con frecuencia, refírome á sala de variedades, senón porque un dos seus primeiros carteis está dedicado a anuncialo. De sobra é coñecida a fama que tiña Lautrec de amante da vida nocturna parisina e da teima de observar a xente, de aí nace esta obra en 1891: 
Contribuíron á súa popularidade moitos aspectos, hai que ter en conta que supoñía toda unha revolución o feito de que houbese tres dimensións no debuxo, o cal producía sensación de profundidade: a primeira son as sombras negras dos espectadores; logo está a bailarina alcumada " la goulue", que significa a glotona xa que bebía os restos dos clientes; e por último a silueta sombreada que corresponde ao "rei do vals". Tamén destacan as grandes letras con cores fortes e como non a repetición do nome en tres ocasións.
En definitiva, volvede a vista atrás e contemplade unha vez máis esta marabilla.
servido por chi
7 comentarios
compártelo
Resulta curiosa a forma que tivo de nacer un cartel de Toulouse.
En 1895 o artista dirixíase a Burdeos nun barco, é en plena viaxe onde coñece a unha muller casada da que de seguido se namora. Ela dirixíase a Dakar para reunirse co seu marido e a Lautrec pasóuselle pola cabeza ir con ela, idea que pronto desapareceu grazas á intervención do seu compañeiro de viaxe.
O artista despediuse do seu amor imposíbel pero gardou unha fotografía.
dela, a partir da cal realizou un debuxo,
que posteriormente se convertiu en en cartel para anunciar a exposición internacional de carteis "Salon des Cent". 
Tanto o debuxo coma o cartel transmiten sensacións expectaculares de calma (a muller na cadeira) e de movemento (o mar abaneando o barco) representando a perfección tanto desde o punto de vista artístico como do cartel, polo que é un perfecto representante para esa exposición.
servido por chi
1 comentario
compártelo

Detrás desa mirada atopouse quizais o mellor cartelista do mundo,foi unha Petit bijou (pequena xoia)como a el o chamaban. Como se adoita dicir, hai xente que nace con estrela, el naceu en 1864 coa arte no sangue. Quen sabe, se os seus pais non decidisen levar ao seu fillo ás clases de pintura de Renè Princeteau, hoxe non falariamos de Toulouse coma un xenio, ou quizais si...
As súas primeiras obras fíxoas aos 11 anos (e nós malgastando o tempo coa comba, os tazos...), nelas reflíctese a vida aristocrática que levaba xa que naceu no seo dunha familia noble, pero iso rematou cando sufriu unhas lesións nunha perna que lle privaron do crecemento e de todos eses protocolos que implican pertencer á nobreza.
Isto non lle fixo perder a súa vocación e en 1882 marcha a París para seguir coa súa formación.
servido por chi
7 comentarios
compártelo