somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis subcomandante marcos  Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss... 2006-05-28T22:58:46+00:00
This is an Atom syndication feed. It is intended to be viewed in a news aggregator or syndicated to another site. Please visit the Atom Project for more information.
Televisión y Series the-shaker: that blog/flickr/multimedia-aggregator kind of thing somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/05/28/estatistica-dos-comentarios-neste-blog Estatística dos comentarios neste blog 2006-05-28T22:58:46+00:00 2007-11-06T07:03:12+00:00

Este gráfico mostra a maneira en que se reparten os comentarios neste blog. A primeira vista apreciamos como a categoría correspondente a Paranoias mentais é a que leva a maioría das visitas comentadas xa que recolle un 38,1% do total. A razón pola que se dá este fenómeno pode ser que a maioría de visitantes son persoas coñecidas polo que mostran máis interese polos propios pensamentos e inquedanzas. A antítese está na cantidade de comentarios que recibiu a sección de Cartelismo en Galiza, unicamente un 3,6%, isto mostra o pouco que interesan os temas relacionados co noso país, aínda que non é bo xeralizar, aquí temos unha proba que o demostra.
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/05/08/moulin-rouge-goulue Moulin Rouge: Le Goulue 2006-05-08T23:45:38+00:00 2007-11-06T07:01:34+00:00
Falar de Toulouse Lautrec é falar do Moulin Rouge, non só porque fose un lugar ao que acudise con frecuencia, refírome á sala de variedades, senón porque un dos seus primeiros carteis está dedicado a anuncialo. De sobra é coñecida a fama que tiña Lautrec de amante da vida nocturna parisina e da teima de observar a xente, de aí nace esta obra en 1891:
Contribuíron á súa popularidade moitos aspectos, hai que ter en conta que supoñía toda unha revolución o feito de que houbese tres dimensións no debuxo, o cal producía sensación de profundidade: a primeira son as sombras negras dos espectadores; logo está a bailarina alcumada " la goulue", que significa a glotona xa que bebía os restos dos clientes; e por último a silueta sombreada que corresponde ao "rei do vals". Tamén destacan as grandes letras con cores fortes e como non a repetición do nome en tres ocasións.
En definitiva, volvede a vista atrás e contemplade unha vez máis esta marabilla.
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/05/08/o-cartelismo-comercial-galiza O cartelismo comercial en Galiza 2006-05-08T16:29:05+00:00 2008-04-22T15:00:46+00:00
Até ben entrado o século XX en Galiza non houbo un gran desenvolvemento da publicidade nos medios impresos pero isto non ocorreu só aquí senón que foi un fenómeno xeralizado tamén en España. Os lugares máis avanzados nas técnicas publicitarias foron Catalunya e Madrid polo que os empresarios galegos que quixesen algún tipo de publicidade debían recorrer a estes lugares.
Durante os primeiros anos non existía unha persoa especializada en realizar os anuncios pero pouco a pouco comezaron a esixir unhas certas técnicas de combinación de texto e imaxe e incluso de persuasión para que os comerciantes cumpran os seus obxectivos en canto a vendas.
En Galiza son escasos os anuncios desta época dos que se coñeza a autoría pero si podemos falar de Federico Ribas como o único artista galego dedicado profesionalmente ao ámbito da publicidade. Adxunto fotografía da mítica Auga Mondariz, exemplo dun deses carteis dos que se descoñece o creador.
Resulta obrigatorio facer unha parada nos corredores da redacción do antigo edificio do xornal "Faro de Vigo" xa que aquí exhibíronse unhas 20 reproducións de anuncios en azulexo realizados desde 1910 até a Guerra Civil. As temáticas eran moi diversas, unha delas é, como se ve na imaxe é a fábrica de fundición "La Industrial". O feito de que todos estes carteis fosen pasados a cerámica permitiu que chegasen aos nosos días xa que a principal característica dos carteis é o seu carácter efímero.(é posíbel que na imaxe non se aprecie con claridade que se trata dunha reprodución en azlexo).
Ademais do xa citado Federico Ribas, que realizou numerosísimos carteis entre os que destacan Heno de Pravia, Perfumería Gal, Petróleo Gal, etc; hai outros cartelistas galegos que aínda que non se dedicaran en exclusiva á publicidade teñen importantes obras, é o caso de Máximo Ramos e Camilo Díaz, deste último engado un cartel do "Expreso Vigo-Coruña" da empresa de autobuses Castromil xa que nos resulta familiar a moitos estudantes galegos.
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/05/08/como-nace-cartel Como nace un cartel 2006-05-08T15:48:35+00:00 2007-11-06T07:01:29+00:00
Resulta curiosa a forma que tivo de nacer un cartel de Toulouse.
En 1895 o artista dirixíase a Burdeos nun barco, é en plena viaxe onde coñece a unha muller casada da que de seguido se namora. Ela dirixíase a Dakar para reunirse co seu marido e a Lautrec pasóuselle pola cabeza ir con ela, idea que pronto desapareceu grazas á intervención do seu compañeiro de viaxe.
O artista despediuse do seu amor imposíbel pero gardou unha fotografía. dela, a partir da cal realizou un debuxo, que posteriormente se convertiu en en cartel para anunciar a exposición internacional de carteis "Salon des Cent".
Tanto o debuxo coma o cartel transmiten sensacións expectaculares de calma (a muller na cadeira) e de movemento (o mar abaneando o barco) representando a perfección tanto desde o punto de vista artístico como do cartel, polo que é un perfecto representante para esa exposición.
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/05/08/a-tecnica-da-litografia A técnica da litografía 2006-05-08T15:40:48+00:00 2007-11-06T07:01:32+00:00
O nacemento do cartel moderno vai ligado a unha nova técnica de impresión denominada litografía creada por Senefelder no século XVIII. A pesar diso en Galiza foron máis utilizados outros métodos como a imprenta e o gravado en madeira, en principio dedicados a ilustrar ou á reprodución de estampas relixiosas. É nos primeiros anos do século XX cando ademais deses usos se lle dá o publicitario, é dicir, o cartel.
A técnica litográfica, como o mesmo nome di, consiste na plasmación de imaxes en papel a partir da pedra. Utilízanse unhas planchas de caliza sobre as que se debuxa directamente, tanto o propio artista como o operario da empresa litográfica a partir dun papel de calco co que fai unha reprodución exacta do orixinal. Esta nova técnica permite a impresión en distintas cores pero para iso necesítanse tantas planchas coma cores leve o cartel, así píntase cada prancha con unha das cores onde o debuxo o requira e logo mediante unha prensa, estes plásmanse no papel.
Os principais inconvenientes desta técnica están en que se perde o carácter artesanal que até o momento tiña a creación de carteis e todo tipo de ilustracións, ademáis, en certo modo, pérdese a completa autoría das imaxes xa que se produce a intervención dunha persoa allea á orixinalidade do debuxo pero imprescindíbel no proceso de creación dentro da técnica litográfica, e é que foron poucos os artistas que gravaron directamente nas planchas de pedra, (Cheret foi o único en Europa que debuxou directamente os seus carteis sobre a pedra litográfica), ademais esta técnica supón a adaptación ás posibilidades que ofrece xa que esixe a elección de unicamente 10 cores como máximo e a simplificación das formas e dos textos ante a dificultade de debuxar en pedra. Isto marcou a tendencia a seguir no cartelismo tanto en Galiza como no resto de Europa.
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/05/06/hamlet-principe-dinamarca-viaxando-pola-galiza Hamlet, príncipe de Dinamarca viaxando pola Galiza 2006-05-06T01:58:09+00:00 2007-11-06T07:01:16+00:00
Sen afastarme de todo do tema que ocupa o meu blog (o cartelismo) vou adicar un post a Hamlet. Estou a falar da obra de teatro dirixida por Lino Braxe, que nestes días está percorrendo o pais. O pasado domingo 30 de abril pasaron por Lugo polo que era visita obrigada para min. Hai opinións de todo tipo, eu diría que resulta un tanto rara a ambientación xa que todo se desenvolve no contexto da II Guerra Mundial; tamén hai quen di que se fai un pouco pesada (no meu caso fíxoseme un pouco pola incomodidade das butacas, o auditorio deixa bastante que desexar), pero deixando todo isto a un lado teño que resaltar a brillantísima actuación do protagonista, Luís Tosar, que sen dúbida algunha destacou entre o resto do reparto. A persar de compartir escea con outras caras coñecidas como Manuel Manquiña ou Víctor Mosqueira, e con moitos outros actores habituais da TVG non hai punto de comparación, ningún transmitiu tanto coma o protagonista. Recoméndolle a todo o mundo que non perda a oportunidade de ver este actor en directo porque é realmente impresionante.
Como dixen, vou relacionar isto co tema do meu blog, teño que salientar que grazas á miña "compy" mita, que me advertiu da existencia dun cartel de Hamlet feito por Alphonse Mucha en 1899. Corresponde, polo tanto, á etapa do Art Nouveau.
Thank you Mitaa!
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/05/03/art-deco Art Deco 2006-05-03T21:21:29+00:00 2007-11-06T07:01:01+00:00
O estilo do Art Nouveau foi o que primou durante os primeiros anos do cartelismo pero a morte de Lautrec (1901) contribuíu á súa desaparición, morren entón co artista eses rasgos que convertían o cartel nun formigueiro de detalles. Serve de exemplo este cartel de Alphonse Mucha (1860-1939).
Nace un novo século e con el nace tamén un novo movemento que, como no resto das artes, déixase ver tamén no cartelismo, estou a falar do Art Deco. Este termo provén da exposición de "Artes Decorativas" de París (1925) que tivo como cometido reunir os produtos franceses cos do resto de Europa en materia de decoración e deseño. Rompendo totalmente co estilo anterior nacen os primeiros carteis influenciados polas vangardas: cubismo, futurismo, dadaísmo... A sociedade manda e esta está totalmente inmersa nun proceso de industrialización polo que a "máquina" deixa pegada.

Como exemplo en España temos o Museo de Art Nouveau y Art Deco en Salamanca.
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/04/26/saindo-da-diamica-habitual- Saíndo da diámica habitual... 2006-04-26T18:07:18+00:00 2007-11-06T07:00:04+00:00
O profesor Daniel Martí dixo que había que poñerse no lugar dos demais e pensar, para saber se imos ben no proceso de creación dun blog, se nos leriamos a nós mesmos. Eu reflexionei e cheguei á conclusión de que probabelmente non me lería pero non me importa moito xa que sempre pensei que eu non me caería ben así que, para que vou ler a alguén que non me cae ben..., é algo lioso pero en realidade nin me lería a min nin a ninguén, non é por desprezar, ollo! que hai blogs moi interesantes, o que pasa é que isto non me vai moito.
Serei unha insensíbel e ferirei conciencias informáticas pero son máis de papel
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/04/24/proximas-publicacions Próximas publicacións 2006-04-24T23:53:54+00:00 2007-11-06T06:59:53+00:00
Hai varios aspectos das outras seccións que abordan o cartelismo que debería explicar, iso será o que faga en posts sucesivos. Trátase da litografía, e Art-Decó
somos un exército de soñadores por iso somos invencíbeis http://s3.amazonaws.com/lcp/chi/myfiles/chi grande65x65.JPG http://chi.espacioblog.com/post/2006/04/24/introducion Introdución 2006-04-24T23:50:04+00:00 2007-11-06T06:59:53+00:00
O cartelismo nace en Galiza, ao igual que no resto do mundo pola necesidade de dar saída e informar sobre os novos produtos. Prodúcese entón no século XIX unha síntese entre arte, deseño e publicidade. Chegan ao noso país novos procedementos para a creación de carteis como é a litografia, da que falarei máis adiante.
Pódese dicir que Galiza non foi o lugar idóneo para o desenvolvemento da arte do cartelismo xa que era predominantemente rural e este un movemento urbano. A pesar de todo comezou a súa andadura con anuncios de festas, exposicións, publicacións e xa máis tarde propaganda política.

Esceario idóneo ou non, Galiza conta con moitísimos cartelistas, que aínda que non se dedicasen en exclusiva a isto, son dignos de mencionar; destaco a Castelao, Maruja Mallo e Luís Seoane.
Ao igual que o resto de artes gráficas, o cartelismo galego viuse influenciado por dúas correntes: o Modernismo e o Art-Decó.