Hamlet, príncipe de Dinamarca viaxando pola Galiza
Sen afastarme de todo do tema que ocupa o meu
blog (o cartelismo) vou adicar un post a Hamlet. Estou a falar da obra de teatro dirixida por Lino Braxe, que nestes días está percorrendo o pais. O pasado domingo 30 de abril pasaron por Lugo polo que era visita obrigada para min. Hai opinións de todo tipo, eu diría que resulta un tanto rara a ambientación xa que todo se desenvolve no contexto da II Guerra Mundial; tamén hai quen di que se fai un pouco pesada (no meu caso fíxoseme un pouco pola incomodidade das butacas, o auditorio deixa bastante que desexar), pero deixando todo isto a un lado teño que resaltar a brillantísima actuación do protagonista, Luís Tosar, que sen dúbida algunha destacou entre o resto do reparto. A persar de compartir escea con outras caras coñecidas como Manuel Manquiña ou Víctor Mosqueira, e con moitos outros actores habituais da TVG non hai punto de comparación, ningún transmitiu tanto coma o protagonista. Recoméndolle a todo o mundo que non perda a oportunidade de ver este actor en directo porque é realmente impresionante.
Como dixen, vou relacionar isto co tema do meu blog, teño que salientar que grazas á miña "compy" mita, que me advertiu da existencia dun cartel de Hamlet feito por Alphonse Mucha en 1899. Corresponde, polo tanto, á etapa do Art Nouveau.
Thank you Mitaa!
Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...
Elenusky dijo
Eiii eu quero vela!!! xa me avisarás se pasa por Ferrol ou Pontevedra que eu me animo. Bikosss!!!!!!
6 Mayo 2006 | 10:51 PM