A técnica da litografía
O nacemento do cartel moderno vai ligado a unha nova técnica de impresión denominada litografía creada por Senefelder no século XVIII. A pesar diso en Galiza foron máis utilizados outros métodos como a imprenta e o gravado en madeira, en principio dedicados a ilustrar ou á reprodución de estampas relixiosas. É nos primeiros anos do século XX cando ademais deses usos se lle dá o publicitario, é dicir, o cartel.
A técnica litográfica, como o mesmo nome di, consiste na plasmación de imaxes en papel a partir da pedra. Utilízanse unhas planchas de caliza sobre as que se debuxa directamente, tanto o propio artista como o operario da empresa litográfica a partir dun papel de calco co que fai unha reprodución exacta do orixinal. Esta nova técnica permite a impresión en distintas cores pero para iso necesítanse tantas planchas coma cores leve o cartel, así píntase cada prancha con unha das cores onde o debuxo o requira e logo mediante unha prensa, estes plásmanse no papel.
Os principais inconvenientes desta técnica están en que se perde o carácter artesanal que até o momento tiña a creación de carteis e todo tipo de ilustracións, ademáis, en certo modo, pérdese a
completa autoría das imaxes xa que se produce a intervención dunha persoa allea á orixinalidade do debuxo pero imprescindíbel no proceso de creación dentro da técnica litográfica, e é que foron poucos os artistas que gravaron directamente nas planchas de pedra, (Cheret foi o único en Europa que debuxou directamente os seus carteis sobre a pedra litográfica), ademais esta técnica supón a adaptación ás posibilidades que ofrece xa que esixe a elección de unicamente 10 cores como máximo e a simplificación das formas e dos textos ante a dificultade de debuxar en pedra. Isto marcou a tendencia a seguir no cartelismo tanto en Galiza como no resto de Europa.
Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...