Falar de Toulouse Lautrec é falar do Moulin Rouge, non só porque fose un lugar ao que acudise con frecuencia, refírome á sala de variedades, senón porque un dos seus primeiros carteis está dedicado a anuncialo. De sobra é coñecida a fama que tiña Lautrec de amante da vida nocturna parisina e da teima de observar a xente, de aí nace esta obra en 1891:
Contribuíron á súa popularidade moitos aspectos, hai que ter en conta que supoñía toda unha revolución o feito de que houbese tres dimensións no debuxo, o cal producía sensación de profundidade: a primeira son as sombras negras dos espectadores; logo está a bailarina alcumada " la goulue", que significa a glotona xa que bebía os restos dos clientes; e por último a silueta sombreada que corresponde ao "rei do vals". Tamén destacan as grandes letras con cores fortes e como non a repetición do nome en tres ocasións.
En definitiva, volvede a vista atrás e contemplade unha vez máis esta marabilla.