O cartelismo comercial en Galiza
Até ben entrado o século XX en Galiza non houbo un gran desenvolvemento da publicidade nos medios impresos pero isto non ocorreu só aquí senón que foi un fenómeno xeralizado tamén en España. Os lugares máis avanzados nas técnicas publicitarias foron Catalunya e Madrid polo que os empresarios galegos que quixesen algún tipo de publicidade debían recorrer a estes lugares.
Durante os primeiros anos non existía unha persoa especializada en realizar os anuncios pero pouco a pouco comezaron a esixir unhas certas técnicas de combinación de texto e imaxe e incluso de persuasión para que os comerciantes cumpran os seus obxectivos en canto a vendas.
En Galiza son escasos os anuncios desta época dos que se coñeza a autoría pero si podemos falar de Federico Ribas como o único artista galego dedicado profesionalmente ao ámbito da publicidade. Adxunto fotografía da mítica Auga Mondariz, exemplo dun deses carteis dos que se descoñece o creador.
Resulta obrigatorio facer unha parada nos corredores da redacción do antigo edificio do xornal "Faro de Vigo" xa que aquí exhibíronse unhas 20 reproducións de anuncios en azulexo realizados desde 1910 até a Guerra Civil. As temáticas eran moi diversas, unha delas é, como se ve na imaxe é a fábrica de fundición "La Industrial".
O feito de que todos estes carteis fosen pasados a cerámica permitiu que chegasen aos nosos días xa que a principal característica dos carteis é o seu carácter efímero.(é posíbel que na imaxe non se aprecie con claridade que se trata dunha reprodución en azlexo).
Ademais do xa citado Federico Ribas, que realizou numerosísimos carteis entre os que destacan Heno de Pravia, Perfumería Gal, Petróleo Gal, etc; hai outros cartelistas galegos que aínda que non se dedicaran en exclusiva á publicidade teñen importantes obras, é o caso de Máximo Ramos e Camilo Díaz, deste último engado un cartel do "Expreso Vigo-Coruña" da empresa de autobuses Castromil xa que nos resulta familiar a moitos estudantes galegos.
Ale, pa' que vexades que eu tamén o poño en "international", que se entere to' diosss...
Mita (Wendy) dijo
E tan familiar que ata na pequena fiestra onde venden os tickets teñen unha réplica de ese cartel. Ai que ver...como as cousas cambian ben pouco.
Que pena que teñamos tanta información perdida no tempo, e sexa tan complexo atopar os carteis antigos :( porque eran auténticas obras de arte.
saudiños chi
8 Mayo 2006 | 05:21 PM